TRABALLOS | "Peregrinas Populares" na "Ultranoite"

FICHA TÉCNICA: 

Co-autor e axudante de dirección

 

Director: Orzo Abrunheiras

Texto: Orzo Abrunheiras, Ana Ponte e Marcos Estebo

Intérpretes: Nieves Rodríguez e Ana Ponte

Días 30 de abril, 1 e 2 de mayo de 2015

Duración: 15 minutos

Sketch cómico

Ultranoite (espectáculo colectivo)

A "Ultranoite" é un espectáculo de cabaré colectivo organizado polo grupo de teatro Chévere durante anos na emblemática Sala Nasa de Santiago de Compostela.

Na súa nova etapa no Auditorio da Ramallosa, Chévere organiza de novo tres veladas de espectáculo de variedades. Ademais de participar eles mesmos, os organizadores invitan a participar a varios artistas, entre eles Ana Ponte e Nieves Rodríguez.

Con este fin escribimos un sketch amoldándonos á duración suxerida e enmarcando o número dentro da farsa política, ingrediente habitual das "Ultranoites".

 ---------------------------------------------------------------------------

Argumento: Unha madrileña e unha galega, de posición acomodada, peregrinan en plena noite ata a Catedral de Santiago para expiar os pecados cometidos polos dirixentes do seu partido. A oscuridade da noite e os obxectivos individuais de cada unha, confúndenas e fai que rematen na Praia das Catedrais e que os disparates terminen por enlearse un co outro.

Estudio de diseño gráfico y web: desvio21.com